InicioLugo e contornaFriolUn home de 89 anos morreu tras facer unha pequena fogueira en...

Un home de 89 anos morreu tras facer unha pequena fogueira en Friol

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 89 anos foi localizado falecido este venres en Friol, cando tentaba apagar unha fogueira que acendera e que se orixinou na zona de Portasueiro, na parroquia de Cotá. Non presentaba signos de violencia e a expensas do que determine a autopsia, as primeiras hipóteses apuntan a que o seu falecemento se puido deber á inhalación de fume.

O 112 Galicia recibiu a alerta dun pequeno incendio ao redor do catro da tarde, transmitindo o aviso a Medio Rural. Tamén foi alertada a Garda Civil da localidade.

Pouco despois, na zona do incendio, localizouse o cadáver do octoxenario, supostamente falecido ao inhalar o fume provocado polas chamas, segundo indicou a Garda Civil. O levantamento do cadáver produciuse sobre as 19,40 horas.

A Consellería de Medio Rural indicou que tivo constancia do incendio ás 16,15 horas e deuno por extinguido ás 19,33 horas. Afectou a unha superficie de 1,8 hectáreas das 1,6 foron de monte raso e 0,2 de arboledo. Nas tarefas de extinción participaron 2 axentes, 2 brigadas e unha motobomba. Aínda que o caso está a ser investigado, crese que o lume puido iniciarse por unha queima de restrollos.

Imprimir

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo pide por carta ao Ministerio de Transportes que inclúa á cidade nas melloras ferroviarias

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, pedirá por carta ao Ministerio de Transportes que...

O Concello de Lugo estuda unir os parques Rosalía de Castro e Marcos Cela cunha pasarela peonil

 Concello de Lugo proxecta a unión dos parques Rosalía de Castro e Marcos Cela...

O patrocinio dun clube de alterne no cartel dunhas festas volve xerar polémica en Outeiro de Rei

Un ano máis xurdiu a polémica en Outeiro de Rei pola publicidade que se...

Un incendio nunhas instalacións agrarias mobiliza os servizos de emerxencias en Friol

Os servizos de emerxencias traballan a esta hora na extinción dun incendio nas instalacións...