Home Lugo e contorna Lugo O alcalde de Lugo pide por carta ao Ministerio de Transportes que inclúa á cidade nas melloras ferroviarias

O alcalde de Lugo pide por carta ao Ministerio de Transportes que inclúa á cidade nas melloras ferroviarias

0
O alcalde de Lugo pide por carta ao Ministerio de Transportes que inclúa á cidade nas melloras ferroviarias
Trens de proximidade parados nas vías da estación / César Argina

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, pedirá por carta ao Ministerio de Transportes que Lugo sexa incluída nas melloras ferroviarias previstas para Galicia e reclamará que a cidade conte cunha “conexión competitiva” con Madrid, especialmente á primeira hora da mañá.

Segundo informou o Concello nun comunicado, ademais das actuacións prioritarias que se abordaron na reunión celebrada recentemente na Delegación do Goberno, o alcalde trasladoulle ao Secretario de Estado de Transportes, José Antonio Santano Clavero, a “preocupación” de Lugo por “quedar excluída das novas frecuencias ferroviarias anunciadas para outra cidade galegas”.

“O futuro de Lugo pasa por contar con boas comunicacións. Non pode ser que sexamos a única cidade galega sen un tren que permita chegar cedo a Madrid. É unha cuestión de equidade territorial”, subliñou Fernández, que reiterou a súa vontade de “traballar da man” co Goberno central para “pór solucións encima da mesa”.

+ posts