Unha persoa perdeu a vida tras ser atropelada no centro urbano da cidade de Lugo.
Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 19.40 horas deste mércores preto do cemiterio municipal de San Froilán e foi o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o que deu a voz de alarma e indicou que a persoa implicada estaba inconsciente.
A central de emerxencias avisou á Policía Nacional e á Policía Local. A persoa faleceu no lugar do accidente.