Home Sucesos Unha parella absolta dun delito continuado de estafa por unha reforma nunha vivenda que non finalizou

Unha parella absolta dun delito continuado de estafa por unha reforma nunha vivenda que non finalizou

0
Unha parella absolta dun delito continuado de estafa por unha reforma nunha vivenda que non finalizou
Edificio dos Xulgados de Lugo.

A Audiencia Provincial de Lugo absolveu a unha parella acusada dun delito continuado de estafa por cobrar 39.831 euros por unha reforma nunha vivenda que non finalizou.

Segundo informan nun comunicado, o tribunal considera probados os contratos, os pagamentos, as deficiencias construtivas, a paralización municipal e a carencia de planificación técnica, pero conclúe que non existe proba suficiente do engano intencional que esixe o delito de estafa.

Desta forma, explica que a documentación e a pericial acreditan traballos materiais “defectuosos” e decisións técnicas “cuestionables”, pero entende que non permiten inferir coa certeza esixible que os acusados pactasen desde o inicio un plan destinado a obter as cantidades mediante simulación de capacidade ou vontade de cumprimento.

En consecuencia, a Sala absólveos. A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso ante o TSXG.

+ posts