InicioSucesosO Pesca I rescata un deportista ferido na cadeira mentres practicaba rápel...

O Pesca I rescata un deportista ferido na cadeira mentres practicaba rápel no Courel

O lugar era inaccesible para os equipos terrestres e o ferido non podía camiñar debido á lesión.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O helicóptero de rescate Pesca I, dos Gardacostas de Galicia, evacuou esta tarde un deportista que resultou ferido na cadeira mentres practicaba rápel no Rego de Carballido, en Folgoso do Courel. O afectado atopábase acompañado por outras persoas, que alertaron o 112 Galicia do accidente poucos minutos antes das 16.00 horas.

Tras recibir o aviso, activouse un operativo no que participaron o 061, o GES de Quiroga, a Garda Civil e Protección Civil de Folgoso do Courel. Os equipos de emerxencias desprazáronse ata a zona para prestar asistencia ao deportista, que presentaba unha lesión que lle impedía desprazarse polos seus propios medios.

Porén, o lugar no que se atopaba o ferido presentaba un acceso “imposible” para os equipos de emerxencias terrestres, segundo informou o 112 Galicia. A lesión na cadeira, ademais, facía inviable a súa evacuación por terra, polo que os servizos de emerxencias optaron finalmente por realizar un rescate aéreo.

Deste xeito, o persoal dos Gardacostas de Galicia, a bordo do Pesca I, conseguiu acceder ata o deportista, recollelo e trasladalo por vía aérea ata Vigo, onde quedou a disposición dos servizos sanitarios.

+ posts

ÚLTIMAS

Ximena Cheda presenta a súa candidatura para encabezar Podemos Lugo nas municipais

A portavoz do Círculo de Podemos Lugo, Ximena Cheda, anunciou a súa candidatura para...

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...