InicioSucesosUnha persoa ferida despois de envorcar o vehículo co que viaxaba en...

Unha persoa ferida despois de envorcar o vehículo co que viaxaba en Pastoriza

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida este martes tras envorcar o vehículo no que circulaba pola estrada LU-122, na localidade lucense da Pastoriza.

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro ocorreu sobre as 12.00 horas no quilómetro 8 desta vía. A persoa que contactou coa central de emerxencias explicaba que un vehículo quedara envorcado cunha persoa no seu interior que non era capaz de saír de habitáculo.

Con estes datos, os operadores do 112 deron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, ao GES da Pontenova e á Garda Civil de Tráfico.

Xa no lugar, os servizos de emerxencias tiveron que empregar material de excarceración para liberar ao ferido.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Asociación Veciñal As Carballeiras exixe a reparación urxente de dúas marquesiñas de autobús en Lugo

A Asociación Veciñal As Carballeiras fixo pública a súa denuncia polo mal estado no...

Orzamento de 400.000 euros da Deputación para mellora de estradas e impulso do rural

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou nesta xornada novos investimentos por...

A Deputación de Lugo licitará o proxecto de ampliación do Pazo dos Deportes sen ter aínda pechado o financiamento

A Deputación de Lugo iniciará os trámites para contratar a redacción do proxecto de...

A USC recibe o Muíño de Olga para convertelo nun espazo de divulgación científica en Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará o Muíño de Olga, en Lugo, á súa...