Home Lugo e contorna Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

0
Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas
Un furgón de bombeiros de Lugo / Carlos CAstro

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante da rúa do Miño, en Lugo, e que obrigou a desaloxar algunhas terrazas da contorna. O lume está controlado e non hai persoas feridas.

Segundo explicou o 112, recibiron o aviso ás 13.50 horas a través dun particular, que indicaba que había bastante fume na zona, debido a que estaba ardendo un restaurante. Ata o punto desprazáronse os bombeiros da cidade e a Policía Nacional e Local. Finalmente, confirmaron que se desaloxaran algunhas terrazas e o local lindeiro. Nestes momentos, os bombeiros realizan tarefas de ventilación no inmoble.

+ posts