InicioSucesosEvacúan en helicóptero un ciclista ferido tras caer por un terraplén na...

Evacúan en helicóptero un ciclista ferido tras caer por un terraplén na Pastoriza

O accidentado impactou contra unha árbore e foi trasladado ao HULA con varias fracturas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un ciclista resultou ferido de consideración tras sufrir unha saída de vía e precipitarse por un terraplén duns dous metros de altura na Pastoriza. O accidente produciuse na tarde deste venres e obrigou a mobilizar un helicóptero medicalizado para trasladar o afectado ao hospital debido ás lesións sufridas.

Segundo informou o 112 Galicia, o aviso recibiuse arredor das 18.45 horas, cando un particular alertou dun sinistro ocorrido na estrada LU-P-0105, á altura do quilómetro 13, no lugar da Regueira. O alertante explicou que o ciclista caera por un pequeno desnivel e impactara contra unha árbore, aínda que se atopaba nunha zona accesible, polo que non foi necesario realizar un operativo de rescate.

Ata o lugar desprazáronse efectivos do GES da Pontenova, da Garda Civil de Tráfico e do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Unha vez atendido, o persoal sanitario decidiu mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela para evacuar o ferido ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), ao presentar varias fracturas.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...