InicioSucesosDetido por agresión sexual un home a unha muller durante un traxecto...

Detido por agresión sexual un home a unha muller durante un traxecto de autobús en Baamonde

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un home por agredir sexualmente a unha muller nun autobús á altura de Baamonde, no municipio de Begonte, nunha liña regular que realizaba o traxecto entre Viveiro e A Coruña.

Os feitos tiveron lugar cando o vehículo circulaba por Baamonde, nese momento o agora detido sentou xunto á vítima, cubriulle as pernas cunha sudadera e comezou a tocala sen o seu consentimento.

A victima alertou inmediatamente do sucedido, o que provocou que o agresor abandonase precipitadamente o autobús na parada de Baamonde e fuxiu do lugar. Tras a denuncia presentada pola vítima, iniciouse unha investigación para o esclarecemento dos feitos delituosos.

Nun comunicado, a Garda Civil informa de que “grazas á colaboración dos pasaxeiros e do condutor do autobús que presenciaron a agresión, xunto co testemuño da vítima, permitiu obter unha descrición física moi precisa do sospeitoso”.

Os investigadores analizaron as imaxes das cámaras de videovixilancia das estacións nas que o autobús efectuou parada, polo que se logrou localizar ao presunto autor na estación de autobús de Lugo. As pescudas policiais permitiron pescudar que o sospeitoso se atopaba aloxado nun hostal de Lugo e que contaba antecedentes policiais recentes por feitos de similar natureza. Estableceuse un dispositivo de vixilancia que culminou coa localización e detención do autor.

A investigación foi levada a cabo pola área de investigación da Garda Civil de Vilalba. O detido e as dilixencias policiais foron postas a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...