Home Sucesos Activan a busca dunha muller de 41 anos desaparecida en Lugo dende o 25 de xuño

Activan a busca dunha muller de 41 anos desaparecida en Lugo dende o 25 de xuño

0
Activan a busca dunha muller de 41 anos desaparecida en Lugo dende o 25 de xuño
Desaparecida en Lugo / SOS Desaparecidos

A asociación SOS Desaparecidos activou este sábado, 4 de xullo, unha alerta para tratar de localizar a Mónica C.S., unha muller de 41 anos desaparecida en Lugo desde o pasado 25 de xuño.

Segundo a información difundida pola organización, a muller foi vista por última vez o xoves 25 de xuño. Co obxectivo de facilitar a súa identificación, SOS Desaparecidos trasladou varios datos físicos de referencia.

Mónica mide arredor de 1,70 metros, é de complexión delgada, ten o cabelo canoso e os ollos castaños.

A entidade pediu a colaboración cidadá para reunir calquera dato que poida axudar a dar co seu paradoiro. Para iso, habilitou o teléfono 868 286 726.

Tamén se pode comunicar calquera información a través dos números das forzas e corpos de seguridade ou dos servizos de Emerxencias.

+ posts