InicioSucesosUn tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu...

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

O obxectivo é valorar as imaxes, que se trasladaron ao exterior da capela, para determinar o seu valor histórico, se se poden restaurar e o prezo da devandita actuación

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada no municipio de Guitiriz provocando o derrube do retablo e algunhas figuras do templo. O condutor deuse á fuga tras o accidente.

Segundo informaron fontes municipais, os feitos tiveron lugar na tarde do venres, entre as 19.30 e as 20.00 horas, cando un tractor chocou co muro oriental da capela, derrubándoo.

No momento da colisión non había persoas no seu interior, polo que non se rexistraron feridos. Con todo, segundo detalla o parroco Óscar Fernández se se vió afectado o retablo que cren que é do século XVII por unha inscrición que ten e algunhas figuras.

Agora, o obxectivo é valorar as imaxes, que se trasladaron ao exterior da capela, para determinar o seu valor histórico, se se poden restaurar e o prezo da devandita actuación. Paralelamente, a Garda Civil investiga os feitos.

O Goberno local avanzou que se valará a zona para evitar calquera problema porque este domingo está prevista unha feira con bastante afluencia.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...