InicioSucesosA Policía identifica dous menores que tentaron levar roupa e calzado dunha...

A Policía identifica dous menores que tentaron levar roupa e calzado dunha tenda sen pagar

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron nun establecemento comercial do Paseo Palestina, onde acudiron os axentes e puideron localizar aos dous sospeitosos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo identificou a dous menores aos que lles interveu un coitelo de grandes dimensións e que tentaran levar roupa e calzado sen pagar dunha tenda da cidade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron nun establecemento comercial do Paseo Palestina, onde acudiron os axentes e puideron localizar aos dous sospeitosos. Ao rexistralos, descubriron que un deles levaba oculto baixo a roupa, na cintura, un coitelo de 30 centímetros.

Inicialmente, negaron a súa implicación nos feitos, pero logo recoñeceron que tentaran levar sen pagar camisetas e calzado (aínda que non exhibiran o coitelo). O encargado da tenda corroborou o sucedido e confirmou que os mozos devolveron os artigos cando lles chamou a atención.

Os axentes interviñéronlles o coitelo e trasladáronos a dependencias policiais, onde foron postos a disposición dos seus proxenitores, ao ser menores de idade.

INMOBLE OCUPADO POR DÚAS MULLERES E TRES MENORES

Por outra banda, a Policía Local de Lugo informou tamén da identificación de dúas mulleres e tres menores, que foron sorprendidos cando accederon sen autorización a un inmoble abandonado na rúa San Lorenzo.

Un veciño observara a presenza de varias persoas no interior do devandito inmoble e alertou ao 092. Ao chegar ao lugar, os axentes atoparon a porta asegurada cunha cadea que tiña o cadeado roto.

Cando chamaron, abriron dúas mulleres acompañadas de tres menores, de 10, 6 e 2 anos de idade, que explicaron que acababan de entrar e que non tiñan lugar para pasar a noite. Informadas de que non podían estar alí, abandonaron o lugar voluntariamente.

Aínda que se xestionou a posibilidade de aloxamento no albergue municipal, finalmente as mulleres declinaron a oferta, e comunicaron que xa atoparan un sitio onde pasar a noite.

Así mesmo, a nai dos nenos explicou que estes non están escolarizados, porque están pendentes de tramitación de documentación entre Portugal e España, polo que a Policía Local informou os Servizos Sociais.

Igualmente, contactouse coa propietaria do inmoble para que coñecese o sucedido e procedese a pechalo de forma definitiva e asegurar os accesos.

+ posts

ÚLTIMAS

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Declaración negativa para o parque eólico ‘Navallos’, entre Castroverde e Baralla, por efecto sobre avifauna

A Xunta formulou declaración de impacto ambiental desfavorable ao proxecto de parque eólico 'Navallos',...

Elena Candia: “Imos ter unha grande edición do Arde Lucus, a pesar da oposición”

A cidade de Lugo volverá transformarse na antiga Lucus Augusti do 18 ao 21...

Polémica no Consello Escolar de Lugo: Erguer denuncia a “expulsión” do seu voceiro e o Concello sinala repetidas “interrupcións”

O primeiro Consello Escolar Municipal co novo concelleiro de Educación de Lugo, Javier Vázquez,...