InicioSucesosLiberada unha persoa logo de envorcar co seu vehículo no Corgo

Liberada unha persoa logo de envorcar co seu vehículo no Corgo

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o aviso recibiuse minutos antes das 8.00 horas a través da chamada dun particular

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa tivo que ser liberada na mañá deste luns tras envorcar co seu vehículo no municipio do Corgo, concretamente no punto quilométrico 8 da estrada CG-2.2, ao seu paso pola parroquia de Sabarei.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o aviso recibiuse minutos antes das 8.00 horas a través da chamada dun particular. Varias testemuñas que se atopaban na zona tentaron socorrer nun primeiro momento ao implicado, que permanecía atrapado no interior do coche.

Ante esta situación, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias alertou aos Bombeiros de Sarria, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e aos servizos de mantemento da vía.

Unha vez no punto, os efectivos dos bombeiros procederon á extracción do ferido a través da porta traseira do vehículo. Tras ser liberada, a vítima recibiu asistencia e foi trasladada en ambulancia a un centro hospitalario.

+ posts

ÚLTIMAS

Un incendio forestal en Xermade queima máis de 20 hectáreas nunha tarde de lumes en Galicia

A Consellería do Medio Rural mobiliza nove aeronaves para sufocar o foco activo en Roupar, mentres Boborás baixa a Situación 2 tras arrasar 230 hectáreas e Padrón queda estabilizado.

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...

Ofrenda do Antigo Reino en Lugo durante unha xornada calorosa

A cidade de Lugo celebrou este sábado, 14 de xuño, a Ofrenda do Antigo...

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...