Home Sucesos Trasladan ao hospital unha persoa ferida tras unha saída de vía

Trasladan ao hospital unha persoa ferida tras unha saída de vía

0
Trasladan ao hospital unha persoa ferida tras unha saída de vía
Axentes da Garda Civil de Tráfico | DLCM Arquivo

Unha persoa resultou ferida tras saírse da vía no Corgo. Os bombeiros tiveron que axudar a saír a un dos ocupantes do vehículo, que viaxaba nos asentos traseiros e foi trasladado en ambulancia.

Segundo informou o 112 Galicia, ás 14.30 horas tivo constancia deste accidente a través dun particular que acababa de saírse da vía co seu coche no quilómetro 5 da LU-P-1611, na parroquia de Gomeán.

O turismo chocou contra unhas árbores situadas á beira da estrada, quedando inestable. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Sarria, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.

+ posts