InicioSucesosDesarticulan un grupo dedicado ao tráfico de drogas en Lugo

Desarticulan un grupo dedicado ao tráfico de drogas en Lugo

A Policía Nacional detivo a cinco persoas e incautou cocaína e varias doses doutras substancias

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a cinco persoas, tres homes e dúas mulleres, de entre 27 e 43 anos de idade, que pertencían supostamente a un grupo organizado que se dedicaba de maneira habitual á distribución de cocaína na cidade, utilizando para iso tres vivendas diferentes , aínda que tamén se desprazaban en varios vehículos a outros lugares do territorio nacional.

Este grupo era un dos máis activos actualmente, con capacidade de distribución de polo menos un quilogramo de cocaína ao mes.

Con estas detencións dáse por finalizada a investigación, dándose por erradicados tres puntos de venda de menudeo de substancias estupefacientes, concretamente dous deles na zona sur da cidade e outro na zona centro.

Así mesmo, os axentes de Policía Nacional, practicaron tres rexistros domiciliarios , intervíndose neles a cantidade total de case 1200 gramos de cocaína, así como envoltorios, sendo que a maior parte desta substancia atopábase no seu “fardo” ou envoltorio orixinal sen abrir, polo que dita cantidade incrementaríase significativamente no caso de chegar a ser mesturada ou “cortada” con outras substancias, co fin da súa posterior venda ilícita, polo que podería duplicarse e mesmo triplicarse á hora da súa distribución en doses individualizadas para a súa venda.

Que tamén se interviñeron varias doses de haxix, así como 225 euros en efectivo, catro básculas de precisión e numerosos terminais de telefonía móbil, así como outros efectos de manipulación e embalaxe para a droga. Tres dos detidos pasaron a disposición xudicial, decretando o Xulgado o seu Ingreso en prisión. O resto de detidos, foron oídos en declaración e quedaron en liberdade con cargos.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

Asistencia da Deputación a unha palestra organizada por Somos Unidos por el Cáncer

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este xoves á...

Inaugurada a mostra “Historia Postal de Lugo S. XVIII-XX” no Museo Provincial

O Museo Provincial inaugurou este xoves a mostra “Historia postal de Lugo. S. XVIII-XX”,...