Tres menores foron identificados en Lugo tras o lanzamento de pedra a un coche no polígono industrial do Ceao, segundo recolle o parte de incidencias da Policía Local.
Sobre as 23.00 horas do venres, un indicativo trasladouse á zona tras denunciar un condutor os danos no seu vehículo sobre o que uns mozos tiraron unha pedra.
Os axentes detiveron a dous menores presentes, que aseguraron non tela tirado e que responsabilizaron a un terceiro. Os axentes contactaron cos proxenitores, informándoos do sucedido, así como do procedemento a seguir.
Mentres da noite do venres ao sábado, un indicativo do Grupo Operativo Nocturno que realizaba unha patrulla preventiva pola rúa Ángelo Colocci foi requirido por un cidadán, que realizaba preguntas incongruentes.
Cando tentaban averiguar se lle ocorría algo, comezou a insultar aos policías e a ameazarlles polo que foi apartado da zona de circulación dos vehículos sendo informado de que podería incorrer nunha infracción por falta de respecto e menosprezo aos axentes.
Dúas horas máis tarde, o home acudiu ás dependencias da Policía Local manifestando a súa intención de denunciar aos axentes, pero sen especificar o motivo. Pouco despois, tentou acceder ás dependencias policiais forzando a porta de acceso chegando a abalanzarse sobre un axente polo que tivo que ser detido. Logo foi trasladado a un centro sanitario para a súa avaliación e, posteriormente, a dependencias policiais.
OUTRAS DETENCIÓNS
Ademais, na madrugada do venres un home foi detido tras alertar unha muller de que alguén entrou a roubar na súa casa e que fracturara un cristal da porta de acceso.
Noutra orde de cousas, un indicativo da Policía de Barrio detivo a un home nun centro comercial da cidade como suposto autor da subtracción dunhas zapatillas de deporte. Os axentes procederon á identificación do mozo ao que lle atoparon tamén un pantalón e cinco unidades de roupa interior, que procedían doutro establecemento.
Por outra banda, a Policía Local detivo a un home no Servizo de Urxencias do Hospital Universitario de Lucus Augusti por incumprir a orde de afastamento, con prohibición de comunicación, coa muller á que estaba a acompañar nese momento.
