InicioLugo e contornaLugoEnvorca un camión na A-6 en Baralla

Envorca un camión na A-6 en Baralla

O vehículo pesado quedou nunha beiravía á altura da parroquia de Arroxo e non foi necesaria a liberación do condutor.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un camión envorcou este domingo na A-6 ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, en concreto, á altura da parroquia de Arroxo. A pesar do impacto, o seu condutor non resultou ferido. O 112 Galicia recibiu varios avisos de particulares arredor das 13:30 horas, quen alertaron da situación deste vehículo pesado nunha beiravía do punto quilométrico 465 e indicaron que, en principio, o home se atopaba ben.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que non houbo que trasladar ao condutor ao hospital. Tamén se mobilizaron os Bombeiros por se era necesaria a súa intervención para liberalo, o que tampouco tiveron que facer. O operativo completárono axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal de mantemento da estrada.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...