InicioSucesosTraxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante...

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Un camión guindastre impactou contra unha furgoneta de conservación de estradas e arroiou aos traballadores no quilómetro 587 da autovía, provocando importantes retencións en sentido Asturias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado no quilómetro 587 da A-8, ao seu paso por Pígara, en Guitiriz, dirección Asturias. Outro homes resultaría ferido leve, segundo a información máis recente da que dispón o 112.

Fontes desprazadas ao momento, consultadas por Europa Press, explicaron que o grave accidente produciuse ao chocar un camión guindastre, que levaba vehículos, contra a furgoneta de conservación de estradas na que había operarios, que estaban a realizar unha obra na vía. A causa do choque, os operarios resultaron atropelados. O 112 informou de que o sinistro se produciu sobre as 14.00 horas. Un deles faleceu no propio lugar do accidente e outro pouco despois ao chegar ao HULA, ao que tamén foron evacuados os dous feridos graves.O condutor do guindastre tamén requiriu asistencia sanitaria.

UN CARRIL CORTADO RETARDA O TRÁFICO

O accidente, así mesmo, afectou ao tráfico, xa que este quedou cortado no carril da A-8 sentido Asturias, de forma que se circula con lentitude polo outro. Foron mobilizados para acudir ao momento efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia, da Garda Civil de Tráfico e do GES de Guitiriz. Tamén se chegou a avisar aos bombeiros de Vilalba, aínda que, segundo o 112, finalmente non chegaron a intervir.

+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...