InicioSucesosManteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

Sobre a sentenza do TSXG cabe interpor recurso de casación ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home que asasinou en 2022 a Cristina Cabo, unha muller de 42 anos que rexentaba unha tenda de produtos ecolóxicos no barrio da Milagrosa de Lugo, e cuxo xuízo se celebrou en maio.

O home, de orixe colombiana, confesara a autoría tras a súa detención, foi condenado, tras varios días de tenso xuízo, a un total de 26 anos de prisión. O proceso tentou dilucidar se se produciu un asasinato ou un homicidio, xa que o procesado alegaba lexítima defensa e trastorno mental transitorio debido ao elevado consumo de drogas e alcol na noite dos feitos.

Para o xurado, quedou probado que houbo aleivosía e ensañamiento no ataque á muller, que morreu desangrada despois de que lle infligiera 49 feridas cun coitelo na súa propia casa, onde acudiran xuntos para manter relacións sexuais despois de coñecerse nun pub do centro histórico da cidade. Tamén foi considerado culpable de roubo, xa que ao home atopóuselle en poder dunha bicicleta e un computador da vítima, que levou cando se marchou da casa, onde a deixou ferida de gravidade.

A defensa mantivo os mesmos argumentos que esgrimiu no xuízo na súa apelación e o TSXG non considerou probado ningún deles polo que se lle mantén a pena íntegra. Na revisión do caso tratouse a cuestión da lexítima defensa en base a que a primeira en coller o coitelo foi a vítima, que supostamente atacou ao home, tal e como el mesmo asegurou, algo que o TSXG non considera probado.

“Como tal non pode entenderse a atribución de veracidade a unha manifestación puramente exculpatoria do acusado, única proba da que puidese desprenderse a realidade da acometida por parte de Cristina”, di a nova sentenza.

Na mesma tamén se mantén a cualificación de “aleivosía” sobre o crime cometido así como o de “ensañamiento” facendo valer o número de puñadas asestadas. “A existencia de puñaladas meramente lesivas e innecesarias para a morte, engadidas ás mortais, permite apreciar obxectivamente o ensañamiento se o autor coñecía o salvajismo do seu modo de actuar e decidiu persistir nel”, explica.

Tamén mantén o TSXG en que foi un roubo con violencia, sobre o que a defensa solicitaba que se considerase un furto, xa que levou as cousas despois da agresión. Da mesma forma que non considera acreditado que tivese as capacidades síquicas mermadas pola inxesta de alcol e drogas.

Por todo iso conclúe a sentenza que está xustificada a pena por “o reproche que merece a conduta do acusado materializado no número de puñaladas asestadas á vítima e o aproveitamento de tal circunstancia para rexistrar o domicilio e apoderarse dos efectos que subtraeu”.

SENTENZA INICIAL

A sentenza inicial, e que, por tanto, se mantén, ratificaba a pena de 22 anos de cárcere polo asasinato e a de 4 anos polo roubo; ademais, o procesado será expulsado do país unha vez que acceda ao terceiro grao ou á liberdade condicional sen que poida regresar no prazo de 10 anos.

Sobre a sentenza do TSXG cabe interpor recurso de casación ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...

O PSdeG provincial pide mobilizarse pola atención sanitaria na manifestación do domingo en Santiago

O PSdeG-PSOE na provincia de Lugo chama á cidadanía a participar este domingo na...