InicioSucesosExcarcerado o condutor dunha furgoneta logo dun accidente en Begonte

Excarcerado o condutor dunha furgoneta logo dun accidente en Begonte

Foi o propio sistema de emerxencias dun dos vehículos implicados o que alertou ao servizo dunha colisión entre un coche e unha furgoneta, indicando ademais a posible presenza de persoas feridas e atrapadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O condutor dunha furgoneta tivo que ser excarcerado este xoves en Begonte tras verse involucrado nun accidente de tráfico na estrada LU-541, no punto quilométrico aproximado 5, ao seu paso pola parroquia de Felmil.

Segundo informou o 112, foi o propio sistema de emerxencias dun dos vehículos implicados o que alertou ao servizo dunha colisión entre un coche e unha furgoneta, indicando ademais a posible presenza de persoas feridas e atrapadas.

No operativo participaron os bombeiros de Vilalba, o GES de Friol, a Garda Civil de Tráfico e o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Xa no lugar, os equipos de intervención confirmaron que nun dos vehículos non foi necesaria a excarceración, aínda que si tiveron que axudar aos ocupantes a saír ao non poder facelo polos seus propios medios. O condutor da furgoneta si tivo que ser excarcerado.

ÚLTIMAS

A ARMH homenaxeará a deportados lucenses en campos nazis co proxecto ‘Stolpersteine’

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) iniciará a próxima semana as...

O Concello de Lugo reclama á Xunta o financiamento do SAF segundo o “custo real”

O goberno local lucense defenderá no pleno deste mes unha proposición para reclamar á...

Lugo acusa á Xunta de ser a responsable de que haxa 618 persoas dependentes sen axuda no fogar

O goberno local lucense defenderá no pleno deste mes unha proposición para reclamar á...

Absolven o terceiro acusado de deter ilegalmente unha menor en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo absolveu ao terceiro acusado de deter ilegalmente a unha...