InicioSucesosInvestigado un home por un incendio que calcinou 140 hectáreas na Fonsagrada

Investigado un home por un incendio que calcinou 140 hectáreas na Fonsagrada

A Garda Civil insta a tomar medidas preventivas para evitar os incendios forestais, lembrando a normativa vixente sobre o uso do lume e protección forestal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a un home das Pontes, de 70 anos, como suposto autor dun incendio forestal que ocorreu en agosto na parroquia de Monteseiro, na Fonsagrada e que calcinou 140 hectáreas.

Segundo informou o Instituto Armado, durante a investigación, o Equipo Multidisciplinar de investigación de incendios forestais, constatouse que a orixe do incendio debeuse a traballos de curta e roza realizados por maquinaria de xardinaría para limpar parte dunha zona forestal.

As persoas investigadas en que vai de ano como supostos autores dun delito de incendio forestal, foron na súa maioría por imprudencias, sendo as causas máis habituais o incumprimento nas condicións impostas na autorización ou comunicación na realización de queimas, imprudencias en traballos forestais e dolo.

A Garda Civil insta a tomar medidas preventivas para evitar os incendios forestais, lembrando a normativa vixente sobre o uso do lume e protección forestal.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...