InicioSucesosDous detidos en Lugo por unha vaga de roubos en furgonetas: así...

Dous detidos en Lugo por unha vaga de roubos en furgonetas: así actuaban os ladróns do cristal triangular

A Policía Nacional interceptounos tras semanas de furtos con idéntico modus operandi: romper un pequeno vidro dianteiro para acceder ao interior dos vehículos industriais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo en Lugo durante a fin de semana a dous homes como presuntos autores de varios roubos con forza en interior de vehículos, dentro do operativo que a Comisaría Provincial estableceu con motivo dos furtos que se produciron ao longo do mes de outubro. Tal e como explicou a Policía nunha nota de prensa, durante o mes pasado producíronse varios roubos en interior de vehículos. Os autores sempre empregaban o mesmo modus operandi e o mesmo modelo de vehículo ou igual forma de acceso. Por este motivo, a Comisaría Provincial estableceu un operativo para tratar de deter aos autores.

Segundo detallou, tratábase principalmente de vehículos industriais que na súa parte dianteira contan cunha lúa dividida en dúas partes, un portelo practicable e outra fixa de forma triangular, que era a que utilizaban para perpetrar o roubo. Deste xeito, fracturaban un pequeno cristal e accedían á manilla de apertura ou aos mandos habilitados co mesmo fin para acceder ao interior do vehículo. Tras a comisión dun destes roubos no interior dunha das furgonetas, recibiuse unha chamada na Sala do 091, que mobilizou o operativo establecido para a interceptación dos ladróns.

O autor foi localizado nas inmediacións do lugar do feito, portando material roubado do interior da furgoneta, polo que foi detido. Doutra banda, ao día seguinte, un cidadán advertía de que un home na zona das Gándaras estaba a tentear os vehículos estacionados. Tras realizar unha procura na zona, finalmente os axentes localizaron ao ladrón ‘in fraganti’ no interior dunha furgoneta despois de fracturar un portelo para acceder e detivérono.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...