InicioSucesosDeteñen un home por violencia machista e que ameazou con tirarse pola...

Deteñen un home por violencia machista e que ameazou con tirarse pola xanela

A Policía Local de Lugo acudiu na mañá do pasado luns a un hotel situado na zona norte da cidade, onde fora requirida a súa presenza ante a sospeita de que un cliente podería subtraer diversos obxectos de uso interno do establecemento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home foi detido en Lugo acusado dun delito de violencia de xénero, un episodio rexistrado no interior dunha vivenda da Rúa Teatro e tras o que ameazou con tirarse pola xanela.

Segundo fontes policiais, a muller, visiblemente afectada, relatou que fora ameazada e insultada de forma grave pola súa parella, quen, conforme manifestou, xa protagonizara episodios similares de comportamento intimidatorio noutras ocasións. Entre os insultos e ameazas proferidos figuraban expresións de extrema violencia verbal, o que levou a activar de inmediato o protocolo de actuación en casos de violencia de xénero.

Durante a intervención, os axentes procederon á detención do home, que chegou a manifestar a súa intención de tirarse pola xanela antes da chegada da Policía. Debido a esta situación, foi trasladado baixo custodia ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para unha valoración médica urxente.

Tras recibir a alta médica, e despois de varias horas de custodia hospitalaria, o detido foi trasladado a dependencias policiais, onde ingresou nos calabozos á espera da súa posta a disposición xudicial.

ROUBO NUN HOTEL

A Policía Local de Lugo acudiu na mañá do pasado luns a un hotel situado na zona norte da cidade, onde fora requirida a súa presenza ante a sospeita de que un cliente podería subtraer diversos obxectos de uso interno do establecemento.

Segundo informaron os empregados, os feitos ocorreron durante o servizo de almorzo buffet, cando notaron a desaparición de varias caixas, luvas de limpeza, un neceser con efectos persoais e, especialmente, unha caixa que contiña máis de 50 xogos de chaves das habitacións, un elemento de alta sensibilidade para a seguridade do hotel.

Os axentes desprazáronse de inmediato ao lugar e localizaron ao hóspede sospeitoso nunha das habitacións. O individuo permitiu a entrada aos policías, quen puideron comprobar a primeira ollada a presenza dalgúns dos obxectos subtraídos. A caixa con todas as chaves foi achada finalmente oculta entre unhas mantas, o que motivou unha intervención máis exhaustiva.

O sospeitoso, un home de 35 anos e natural de Tenerife, ofreceu datos incongruentes sobre a súa identidade. Ante a intención da responsable do hotel de presentar denuncia, foi trasladado a dependencias policiais para completar a súa identificación.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...