InicioSucesosRouban cable de cobre no interior do aeródromo de Rozas

Rouban cable de cobre no interior do aeródromo de Rozas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil, no marco da operación ‘Wire’, informou de que están investigadas catro veciñas de Lugo, con idades comprendidas entre os 38 e 46 anos, de idade como supostas autoras dos delitos de furto, danos e pertenza a organización criminal. Os feitos iniciáronse o pasado mes de setembro tras ter coñecemento da rotura do valo perimetral do aeródromo de Rozas, titularidade do Ministerio de Defensa, descoñecendo os motivos e os presuntos autores do feito delituoso.

Segundo o relato da Garda Civil, empezou unha investigación por parte do Pacprona da Comandancia da Garda Civil de Lugo para a localización e identificación dos responsables, instalando dispositivos e realizando vixilancias discretas e aleatorias na zona. Tras uns días de operativo, logrouse identificar ás presuntas autoras, as cales teñen antecedentes por feitos similares, sendo captadas polos dispositivos instalados accedendo ao interior do recinto a través do corte practicado no valo perimetral, saíndo pasados uns minutos arrastrando o cableado subtraído e perdéndose na maleza existente no exterior, sendo perfectamente identificadas a través das imaxes dos vídeos obtidos. As dilixencias policiais foron remitidas á autoridade xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Encontran restos humanos preto da vivenda dun home desaparecido en 2022 no Concello de Carballedo

Un grupo de traballadores forestais localizou o xoves restos humanos nunha zona de monte...

Prisión para un home acusado de roubar whisky nun supermercado de Lugo e morder un vixiante de seguridade

A Policía Nacional de Lugo detivo un home de 27 anos acusado de roubar...

A Deputación dá luz verde para a reconstrución da ponte de Navia de Suarna

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

O PPdeG apoia a candidatura de Elena Candia para a alcaldía de Lugo en 2027

O PPdeG subliñou este xoves o apoio á candidatura de Elena Candia para a...