Home Terra Chá Cospeito Tres feridos por intoxicación de gas nunha vivenda en Cospeito

Tres feridos por intoxicación de gas nunha vivenda en Cospeito

0
Tres feridos por intoxicación de gas nunha vivenda en Cospeito
Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo

Tres persoas resultaron afectadas na tarde do martes por unha acumulación de gas na súa vivenda de Édramo, na parroquia de Xermar, no concello de Cospeito. O incidente obrigou á súa evacuación ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

Segundo informaron os equipos de emerxencia desprazados ao momento, todo apunta a que a orixe do escape estaría nunha cociña de leña. O 112 Galicia recibiu o aviso ao redor das 18,30 horas a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que alertaba dunha posible intoxicación por gas no interior da vivenda. De inmediato, activouse un operativo no que participaron os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil e o persoal sanitario.

Á súa chegada, os equipos de intervención procederon a ventilar e asegurar o domicilio para reducir a concentración de gas e evitar novos riscos. En canto ás persoas afectadas, trátese dun home e de dúas mulleres. A unha delas tiveron que practicarlle manobras de reanimación no lugar aínda que, no momento do traslado ao hospital, atopábase estable.

+ posts