InicioAncaresCervantesAtraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

A Garda Civil investiga o ocorrido, cun dispositivo de procura activo para deter ao atracador. Segundo as estimacións, o botín podería roldar os 90.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do banco Caixa Rural Galega do municipio lucense de Cervantes.

Segundo informan fontes próximas ao caso, o home accedeu á oficina ao redor das 8.30 horas, pouco antes de que unha traballadora abrise a sucursal ao público.

O asaltante, con luvas e perruca, apuntou á muller e esixiulle que abrise a caixa forte, de onde colleu diñeiro do interior. Tras a súa fuxida, a muller alertou do ocorrido ás forzas de seguridade.

A Garda Civil investiga o ocorrido, cun dispositivo de procura activo para deter ao atracador. Segundo as estimacións, o botín podería roldar os 90.000 euros.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...