InicioSucesosO Concello defende a seguridade das Festas do San Froilán pero anuncia...

O Concello defende a seguridade das Festas do San Froilán pero anuncia cambios para futuras edicións

Faino tras morrer a muller arroiada por unha vaca en festas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Membros da Corporación municipal, co alcalde á cabeza e acompañados polo deputado Efrén Castro, gardaron este luns un minuto de silencio en homenaxe á muller falecida este fin de semana despois de ser arroiada por unha vaca desbocada que escapara do desfile de gando do día de San Froilán.

Finalizado o minuto de silencio, o alcalde, Miguel Fernández, destacou o traballo que realizou o operativo de seguridade durante este evento, que afirmou que “actuaron correctamente” e cualificou o ocorrido dun “cúmulo de circunstancias desgraciadas“. Fixo un recordo especial á moza falecida, que permaneceu dúas semanas ingresada na UCI do HULA, e enviou as súas condolencias, “máis profundas e sentidas”, á familia dunha Corporación “consternada por este feito”.

A moza foi arroiada na rúa Aguirre, tras impactar co animal que fuxida desbocado do desfile que se estaba celebrando na praza Maior como parte do programa de festas, concretamente un dos actos máis tradicionais. Foi atendida no lugar do impacto, pero ingresou en estado grave no hospital, onde acabou falecendo quince días despois

O goberno local insistiu en que durante o evento contouse coa presenza de efectivos da Policía Local, Policía Nacional e seguridade privada contratada polo Pazo de Feiras e Congresos, entidade organizadora do acto. Así mesmo, diversas asociacións colaboraron achegando veterinarios encargados de velar polo benestar animal.

“QUE NON SE VOLVA REPETIR”

Miguel Fernández tamén agradeceu o traballo de todos os profesionais que a atenderon no hospital e na rúa e avanzou que “no que está nas nosas mans esperamos que non se volva a repetir un incidente similar, para o que tomaremos as medidas necesarias”. O alcalde indicou que cando se programe o plan de seguridade para o ano que vén estudarase se é necesario cambiar algún protocolo para reforzar a seguridade neste acto en concreto, “aínda que iso non quere dicir que a actuación do operativo non fose a idónea”, subliñou o alcalde.

Miguel Fernández foi interceptado ao termo da concentración por unha lucense que vive en Barcelona e que estivo no lugar dos feitos. A muller pediulle que “unha cousa así non volvese suceder” e avogou ante os concelleiros presentes para suspender o desfile de gando, “xa que en Lugo todo o mundo sabe como son as vacas e representa un risco rodealas de xente e ruído ao ser animais tan grandes que poden porse nerviosos”. Fernández agradeceu a opinión e prometeulle que se estudarán todas as opcións.

ÚLTIMAS

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...