InicioSucesosFalece un home de 51 anos nun accidente de tráfico en Castro...

Falece un home de 51 anos nun accidente de tráfico en Castro de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 51 anos faleceu este luns nun accidente de tráfico no municipio lucense de Castro de Rei. O suceso tivo lugar ao redor das 00.00 horas, en Válesvos, na parroquia de Loentia. Segundo explica o 112, foi un particular o que deu a voz de alarma. Alertaba sobre a presenza dunha furgoneta envorcada e dun home tendido na cuneta que podía necesitar asistencia sanitaria urxente.

O servizo informou á Garda Civil de Tráfico e á Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazou unha ambulancia asistencial de Soporte Vital Avanzado. Con todo, e aínda que foi atendido no punto, o paciente acabou falecendo no propio lugar do accidente.

ÚLTIMAS

A Xunta apoia a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O goberno galego trasladou o seu apoio á candidatura de Lugo para ser sede...

Ferraz ratifica a Carmela López mentres o BNG garante a maioría na Deputación de Lugo ante as críticas do PP

A dirección federal do Partido Socialista ratificou na tarde deste luns á alcaldesa de...

Un cento de tractores toman Lugo contra o acordo UE-Mercosur e alertan da “desaparición” do sector primario

Un centenar de tractores percorreron este luns as rúas de Lugo para secundar a...

Rueda reta ao BNG a non facilitar a presidencia da Deputación de Lugo ao PSOE

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, retou ao BNG...