InicioPolíticaA Xunta apoia a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal...

A Xunta apoia a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Goberno galego ofrece "máxima colaboración" para que a cidade sexa elixida como sede do novo organismo creado polo Executivo central.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno galego trasladou o seu apoio á candidatura de Lugo para ser sede da Axencia Estatal de Saúde Pública, recentemente creada polo Executivo central, e amosou a súa oferta de “máxima colaboración” para que a cidade sexa elixida. Así, tras establecerse os requisitos marcados polo Estado para esa sede, o Consello da Xunta avala a proposta que vaia elevar o Concello de Lugo e achegará á entidade municipal os informes sectoriais favorables dos departamentos autonómicos implicados: Turismo, Transportes, Vivenda, Axencia Galega de Infraestruturas e Educación.

Para reforzar a candidatura, o goberno galego tamén ofreceu o edificio do departamento territorial da Consellería de Sanidade como “posible localización alternativa”. Nese edificio sitúase xa o Laboratorio de Saúde Pública de Galicia e dispón de 4.900 metros cadrados, 900 metros máis que os esixidos. Respecto diso, o goberno galego sinalou que o edificio (propiedade da Xunta e que sería cedido ao Estado) está disposto para que, chegado o caso, a axencia estatal poida entrar en funcionamento de maneira inmediata, xa que conta con oficinas administrativas, laboratorios, salón de actos e garaxe, e as adaptacións menores que fosen necesarias serían compatibles co inicio da actividade.

No caso de que se optase por esa localización, indicaron fontes autonómicas, a Consellería de Sanidade xa ten previstas opcións de traslado do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia: ou ben a dúas plantas do hospital de Calde, ou ao soto do HULA. Mentres, o departamento territorial poderíase desprazar á cuarta planta do Centro Integral de Saúde de Lugo ou a un edificio do INSS da Praza de Ferrol. As estimacións apuntan que a Axencia de Saúde Pública contará co 60 traballadores o primeiro ano e, en función do despregamento e das posibilidades orzamentarias do Goberno central, podería chegar a empregar a 300 persoas.

VALORES DA CANDIDATURA

A cidade de Lugo, como posible sede, conta cunha rede de acceso a medios de transporte público, tanto por estrada como por tren, e está a 90 quilómetros do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro. Así mesmo, dispón dunha oferta axeitada de aloxamento para visitas institucionais e de traballo, e dunha oferta inmobiliaria suficiente para a residencia do persoal. A iso súmase o potencial do campus universitario.

Finalmente, a Xunta destacou o liderado de Galicia en materia de saúde pública, con medidas como a próxima entrada en vigor da lei que prohibe o consumo e venda de cigarros electrónicos e bebidas enerxéticas a menores, a adquisición de vacinas de alta carga contra a gripe, o seu calendario de vacinación (“referencia a nivel internacional”), os seus programas de detección precoz e cribados, ou proxectos como Xenoma Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Besteiro acusa ao PP de bloquear os grandes proxectos de Lugo durante 27 anos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este mércores en Lugo...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...