InicioSucesosDetido un mozo no recinto feiral de San Froilán por unha suposta...

Detido un mozo no recinto feiral de San Froilán por unha suposta agresión á súa exparella e romperlle os retrovisores do coche

Outro home foi detido na cidade por ameazas verbais á súa parella, que denunciou que anteriormente a agrediu.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local de Lugo informou de que un axente que cubría o posto de mando avanzado do recinto feiral en Horta do Seminario, detectou o pasado día 5, a través do sistema de videovixilancia, unha pelexa na zona próxima á Rúa Vilalba. Segundo relata nun comunicado, observou como unha moza recriminaba a un home a súa conduta, tras o cal produciuse un forcexeo entre ambos. Foron separados e, segundo a Policía Local, os testemuños apuntan a que se produciu unha agresión previa dentro dun local de lecer, onde o home agarraría do pescozo á súa exparella. Tamén lle rompeu de forma intencionada os retrovisores do vehículo. O presunto agresor foi detido e instruíronse dilixencias por violencia de xénero e danos na propiedade.

DETENCIÓN POR VIOLENCIA MACHISTA TRAS INVERVENCIÓN CIDADÁ

A Policía Local de Lugo tamén informou de que na madrugada do mesmo 5 de outubro, unha chamada cidadá alertou da presenza dunha muller chorando e aparentemente “acosada” na vía pública, nas proximidades do recinto do San Froilán. Axentes comprobaron que a muller presentaba un forte estado de ansiedade e manifestou que a súa parella a ameazou verbalmente e que, con anterioridade, sufrira agresións físicas. Tras ser informada os seus dereitos, a vítima trasladou a súa intención de denunciar tanto os feitos recentes como os anteriores. O home foi detido por un presunto delito de violencia de xénero, sendo conducido a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado.

ORDE DE AFASTAMENTO QUEBRANTADA

Así mesmo, o pasado día 6 de outubro, na zona de Fontiñas, unha muller requiriu auxilio ao atoparse cunha persoa que a hostigaba na terraza dun bar. Á chegada dunha patrulla da Policía Local de Lugo, o individuo mostrou unha actitude esquiva e achegou, segundo o relato policial, datos “incoherentes”, o que motivou o seu traslado a dependencias policiais para a súa identificación. Tras diversas xestións, comprobouse que tiña vixente unha orde de afastamento sobre a muller que demandou auxilio. Por tal motivo, e tras ser informado os seus dereitos, foi detido por quebrantamento de medida xudicial de protección, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...