InicioSucesosUn veciño de Sarria rouba un mastín na protectora de animais de...

Un veciño de Sarria rouba un mastín na protectora de animais de Lugo

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño do municipio de Sarria, de 46 anos de idade, como presunto autor dun delito de apropiación indebida por roubar un can do interior das instalacións da protectora de animais e plantas de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño do municipio de Sarria, de 46 anos de idade, como presunto autor dun delito de apropiación indebida por roubar un can do interior das instalacións da protectora de animais e plantas de Lugo. Os feitos teñen lugar durante a madrugada do pasado 7 de setembro, cando foi subtraído do interior das instalacións da protectora un can mestizo de mastín, identificado con microchip.

O servizo de protección da natureza da Garda civil iniciou unha investigación na que foi posible localizar ao indiviudo e recuperar ao animal subtraído, o cal foi posto a disposición da protectora, onde recibiu atención veterinaria e atópase en observación. As dilixencias policiais foron postas a disposición do Xulgado de Instrución de Sarria.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...