InicioSucesosLiberado o condutor dun camión de gando tras envorcar no Corgo

Liberado o condutor dun camión de gando tras envorcar no Corgo

O accidente, ocorrido tras unha colisión cun turismo, obrigou á intervención dos Bombeiros de Sarria e dos servizos de emerxencia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O condutor dun camión de gando foi liberado este luns no Corgo (Lugo) tras quedar atrapado no seu vehículo, todo derivado dunha colisión cun turismo que fixo que o camioneiro envorcase. Segundo informa o 112 Galicia, o accidente produciuse ás 11.20 horas este luns na LU-546, ao seu paso pola localidade lucense do Corgo.

Para liberalo, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Sarria, así como dos profesionais de Emerxencias Sanitarias Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil de Tráfico. Cabe sinalar que o camión de gando atopábase baleiro no momento do accidente.

+ posts

ÚLTIMAS

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...

O PP ve como “unha peaxe” o convenio de 2 millóns de euros entre Deputación e Concello de Monforte

O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, pregunta a Carmela López se a achega...