InicioSucesosTres detidos en Lugo por dous roubos con violencia, un deles con...

Tres detidos en Lugo por dous roubos con violencia, un deles con ameazas nun pub

A Policía Nacional arrestou os sospeitosos tras un intento de extorsión con Bizum e un roubo agresivo nun comercio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policías Nacionais adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, en servizo de Radiopatrullas, detiveron este domingo a tres homes como presuntos autores de dous delitos de roubo con violencia a persoas.

En concreto, a Policía Nacional explicou nun comunicado que na madrugada do domingo recibiuse unha chamada na sala do 091 na que un home solicitaba axuda, “xa que estaba a ser coaccionado nun pub por outros dous mozos para que lles dese diñeiro”.

Unha vez no lugar, comprobaron que este estaba encerrado no baño dun local de lecer da zona de Mariña Española, concretamente, o mozo detallou “obrigáranlle baixo ameazas a realizar dúas bizum por un importe de case cen euros”. Con estes datos os policías procederon á localización e detención dos presuntos autores.

OUTRO ROUBO CON VIOLENCIA

Doutra banda, tamén en Lugo, un home introduciu produtos na súa mochila nun céntrico establecemento comercial e, ao ser descuberto por un empregado “púxose violento, agredindo aos responsables do establecemento”. Con todo, a Policía Nacional detivo a este home como presunto autor dun roubo con violencia.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...