InicioSucesosA 173 km/hora onde só se permite 80: un condutor é investigado...

A 173 km/hora onde só se permite 80: un condutor é investigado en Lugo por exceso de velocidade

A Garda Civil atribúelle un delito contra a seguridade viaria; podería enfrontarse a prisión e retirada do carné.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga ao condutor dunha moto, de 45 anos de idade, por circular a 173 quilómetros por hora nun tramo a 80 quilómetros por hora na estrada N-V ao seu paso polo municipio do Corgo.

Nun comunicado, a Garda Civil informa de que investiga a este home como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria por exceso de velocidade. As dilixencias policiais foron remitidas á autoridade xudicial.

Os feitos delituosos tiveron lugar o pasado mes de abril na estrada N-V, á altura do punto quilométrico 509. Dado que non foi posible a parada e identificación ‘in situ’ do infractor, iniciouse unha investigación “cuxo resultado permitiu reunir probas obxectivas que posibilitaron a identificación do condutor da motocicleta no momento da detección do ilícito”.

O motorista enfróntase a unha pena de prisión de ata seis meses, segundo establece o Código Penal no seu artigo 379, así como á privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

ÚLTIMAS

Besteiro asegura que Rueda non ten para as comunidades enerxéticas a “celeridade” que si “ten con Altri”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou o presidente da Xunta,...

A chuvia provoca que se adiante ao sábado os actos polo 25 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O Concello de Lugo comunicou que adiantará para este venres a festa de celebración...

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG reivindicou á Xunta que "garanta" o "bo estado" da iluminación da muralla...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...