InicioSucesosIdentificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

Os presuntos delincuentes utilizaron o método B.E.C, polo cal se suplanta a identidade de persoas de confianza para enganar aos empregados para que estes envíen diñeiro ou datos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros a un empresario lucense a través de Internet. Tal e como trasladou o organismo, os implicados son presuntos autores dos delitos de estafa, usurpación de estado civil e branqueo de capitais. Os feitos remóntanse ao comezo do ano, cando un empresario lucense presentou unha denuncia ante a Garda Civil manifestando que fora vítima dunha estafa por un importe de 4.500 euros.

A continuación, tal e como informou a Garda Civil, iniciouse unha investigación policial, na cal se comprobou que a persoa receptora do importe subtraído falecera días antes, e a pesar diso a súa actividade financeira seguía activa. Esta persoa “perdera previamente a súa documentación e a trama delituosa utilizouna para realizar as súas actividades ilícitas”.

A investigación continuou ao longo de varios meses logrando os axentes identificar a quen estaban realmente detrás da estafa cometida. Tal e como informou a Garda Civil, os presuntos delincuentes utilizaron o método B.E.C, polo cal se suplanta a identidade de persoas de confianza para enganar aos empregados para que estes envíen diñeiro ou datos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

A Vicepresidencia da Deputación organiza unha proxección de videoclips finalistas nos Mestre Mateo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo reunirá a artistas e equipos de realización e...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...