InicioSucesosCachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles...

Cachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles superando o límite penal

Os condutores destes vehículos teñen as mesmas taxas máximas de alcoholemia que para automóbiles.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local de Lugo detectou ao longo da semana pasada a dous condutores de patinete eléctrico con alcoholemia positivaUn deles mesmo superou o límite penal, ao arroxar 0,64 miligramos por litro en aire respirado. Así figura no balance de incidencias do corpo municipal, que alerta de “unha problemática cada vez máis frecuente” como é o uso do patinete como medio alternativo de mobilidade para circular tras haber bebido. Con todo, os condutores destes vehículos teñen as mesmas taxas máximas de alcoholemia que para automóbiles.

Ademais, durante un destes controis, detectouse na rúa Ramos Misioné ao condutor dun turismo que case quintuplicaba a taxa máxima de alcoholemia, ao arroxar 1,11 miligramos por litro en aire respirado na primeira medición. Como se negou a realizar a segunda, instruíuse contra el un delito contra a seguridade viaria. Así mesmo, ao longo da semana pasada a Policía Local de Lugo interceptou a un condutor que consumira cocaína e a outro que circulaba sen carné.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...