Unha muller faleceu este martes pola noite tras ser atropelada nun paso a nivel en Rábade por un tren que cobre a ruta entre Ourense e A Coruña, segundo informou 112 Galicia. Sobre as 22.00 horas persoal de ADIF alertou aos servizos de emerxencias de que un tren de viaxeiros acababa de atropelar a unha persoa no paso a nivel xunto ao apeadeiro de Rábade.
Inmediatamente, o Centro de Atención Integrada de Urxencias solicitou a colaboración de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061, o Corpo de Bombeiros de Vilalba e a Garda Civil. Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia non puideron facer nada para salvar a vida da muller.