InicioSucesosSete persoas condenadas a ano e medio de prisión por vender droga...

Sete persoas condenadas a ano e medio de prisión por vender droga na provincia de Lugo

Segundo os feitos probados que recolle a sentenza, a investigación permitiu localizar un punto de venda de estupefacientes na vivenda de dúas dos acusados, que utilizaban un coche para a repartición das sustancias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a ano e medio de prisión a sete persoas como autores dun delito de tráfico de drogas por vender estupefacientes na provincia lucense.

Desta maneira, o tribunal ve a este sete persoas culpables dun delito contra a saúde pública, absolvendo a un oitavo procesado que tamén estaba acusado na causa.

Ademais de ano e medio de cárcere, tres deles terán que pagar unha multa de case 10.800 euros, mentres que outro tres abonarán case 7.000 euros e o sétimo, uns 17.700 euros.

Segundo os feitos probados que recolle a sentenza, a investigación permitiu localizar un punto de venda de estupefacientes na vivenda de dúas dos acusados, que utilizaban un coche para a repartición das sustancias.

Ademais, puidéronse coñecer os contactos con outro tres persoas coa finalidade de provela de drogas para a súa venda, ademais de actuar como vendedores tamén. Así mesmo, establecéronse outros contactos co resto de acusados, sinto finalmente sete condenados por un delito contra a saúde pública.

+ posts

ÚLTIMAS

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...