InicioSociedadeO BNG denuncia a falta de pediatra no centro de saúde de...

O BNG denuncia a falta de pediatra no centro de saúde de Becerreá e a Xunta di que a praza estará cuberta en xullo

No concello de Samos falta profesorado para garantir a atención ao alumnado con necesidades especiais. Estas son denuncias do BNG tras falar cos veciños destas vilas lucenses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada do BNG Olalla Rodil mantivo un encontro con veciños do municipio lucense de Becerreá para valorar a situación dos servizos sanitarios na localidade tras detectarse, segundo denunciaron os nacionalistas, que non hai pediatra. Tal e como trasladou o Bloque nunha nota de prensa, os veciños da comarca de Cervantes trasladaron á parlamentaria lucense a súa “preocupación” pola situación na que, apuntaron, “vai quedar o centro de saúde trala falta de pediatra e o desprazamento que teñen que facer para ser atendidos os nenos no HULA“. Así, Rodil trasladou o seu apoio aos veciños, que aseguraron que no caso de que a Xunta non se comprometa a manter este servizo médico estudarán a convocatoria de mobilizacións.

A XUNTA ASEGURA QUE A PRAZA DE PEDIATRÍA SE CUBRIRÁ EN XULLO

Pola súa banda, Servizo Galego de Saúde (Sergas) anunciou que xa cubriu a praza de pediatría do centro de saúde de Becerreá cun profesional que se incorporará “a medidados do próximo mes de xullo”. Neste sentido, a Xunta destacou nunha nota de prensa que o Sergas “garante en todo momento” unha atención sanitaria “de calidade” a todos menores adscritos a este centro de saúde, “tanto durante o verán como o resto do ano”. Deste xeito, o Goberno galego asegurou que a área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte contará cun profesional para asumir a atención da poboación infantil deste centro de saúde, “a pesar de que non hai ningún pediatra nas listas de contratación para poder incorporar, e á enorme dificultade para atopar profesionais que permitan cubrir as ausencias ou vacantes”. 

“O novo facultativo incorporarase ao centro de saúde de Becerreá a partir da segunda quincena de xullo, unha vez finalice o seu período vacacional. Non hai que esquecer que existe o lexítimo dereito dos profesionais ao goce das súas vacacións anuais e que o Sergas tenta buscar o máximo equilibrio que permita garantir este dereito, coa determinación de seguir prestando a mesma asistencia sanitaria que en calquera outra época do ano”, detallou a Xunta. Con todo, tamén lembrou que “durante o verán o número de consultas pediátricas descende substancialmente, pola diminución de determinadas patoloxías estacionais que noutras épocas do ano provocan, pola contra, un incremento de consultas”.

DEMANDAS EN SAMOS

Doutra banda, as deputadas Olalla Rodil e Ariadna Fernández reuníronse coa alcadesa de Samos, María Jesús López, e con representantes da comunidade educativa do concello. Un encontro no que lle trasladaron “algúns dos principais fallos que se atopan en materia de conciliación e tamén educativas“. Neste sentido, a rexedora lamentou o “enorme esforzo económico que debe asumir o Concello” para poder “garantir recursos fundamentais de conciliación para as familias” como, exemplificou, os madrugadores. Tamén trasladou necesidades desde a comunidade educativa, especialmente, ante a “falta de profesorado” para atender a alumnado con necesidades educativas especiais.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...