InicioSucesosDetido un septuaxenario en Vilalba por cravar puntas nas rodas de 19...

Detido un septuaxenario en Vilalba por cravar puntas nas rodas de 19 camións dunha empresa de transporte

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo detivo a un septuaxenario como presunto autor dun delito continuado de danos por cravar puntas nas rodas de 19 camións dunha empresa de transporte. Segundo informou o Instituto Armado, a detención tivo lugar o pasado día 17 despois de que o home fose sorprendido pola propietaria dunha empresa de transporte cando cravaba puntas nas rodas duns camións estacionados no polígono Sete Pontes de Vilalba.

A muller recriminou ao home e cando alertou á Garda Civil detallou que o infractor a empuxou, o que lle ocasionou lesións, e, a continuación, fuxiu do lugar. Os axentes identificaron ao presunto autor e comprobaron que o home portaba no seu vehículo diferentes parafusos e puntas coas que realizaba os actos de sabotaxe.

Segundo a Benemérita, os ilícitos comezaron o pasado mes de xaneiro cando a empresa de transportes detectou unha serie de picadas nas rodas dianteiras dos camións, provocados por uns parafusos. Como consecuencia, as rodas quedaban inservibles e era necesario que se repuxesen co prexuízo que supuña para a empresa. O total de camións afectados ascende a 19 e a valoración dos danos e custos de reposición estímase sobre 16.000 euros.

Desta forma, o detido desprazábase ata a zona de estacionamento dos camións no seu turismo particular para cometer os actos de sabotaxe. Durante a investigación, os axentes comprobaron como o presunto autor modificaba as puntas e os parafusos de tal forma que as rodas perdesen o aire a medida que o vehículo circulaba.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...