InicioSucesosFalece un condutor octoxenario que saíu da vía e chocou contra un...

Falece un condutor octoxenario que saíu da vía e chocou contra un sinal en Láncara

Un condutor que se saíu da vía no vehículo no que viaxaba pola estrada LU-546, no termo municipal de Láncara (Lugo), faleceu este martes, segundo informou a Comandancia da Garda Civil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor que saíu da vía no vehículo no que viaxaba pola estrada LU-546, no termo municipal de Láncara, faleceu este martes, segundo informou a Comandancia da Garda Civil. O sinistro ocorreu sobre as 8,40 horas da mañá, á altura do punto quilómetro 12,200 da estrada que une Nadela e Monforte. O coche saíu da vía pola marxe esquerda e chocou contra un sinal vertical, antes de continuar a marcha por unha rotonda e de deterse a uns 100 metros.

O condutor do turismo, un veciño de Sarria de 88 anos de idade, faleceu, e a súa acompañante resultou ilesa. Investíganse as causas do sinistro e, segundo apuntou a Garda Civil, á espera dos resultados da autopsia, non se descarta que a vítima falecese previamente por causas naturais e, como consecuencia diso, produciuse o accidente.

+ posts

ÚLTIMAS

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...