InicioSucesosRescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Desde a sala de operacións do 112 Galicia activouse un dispositivo de intervención no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Friol-Pas, os Bombeiros de Chantada e axentes da Garda Civil de Tráfico

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio lucnese de Guntín.

Segundo informou o 112, o accidente tivo lugar na LU-P-1611, á altura do quilómetro 31, ao seu paso pola parroquia de Vilameá.

O aviso chegou ás 16.20 horas a través do sistema eCall do propio coche accidentado. Os xestores da central puideron contactar coa condutora, que confirmaba que se atopaba atrapada no interior do vehículo.

Pouco despois, varias persoas que circulaban pola zona tamén chamaron ao número de emerxencias para alertar do accidente e informaron de que o coche estaba envorcado.

Desde a sala de operacións do 112 Galicia activouse un dispositivo de intervención no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Friol-Pas, os Bombeiros de Chantada e axentes da Garda Civil de Tráfico.

Os equipos de emerxencia tiveron que empregar material de excarceración para liberar á vítima, que foi evacuada nunha ambulancia en estado semiconsciente.

+ posts

ÚLTIMAS

Encontran restos humanos preto da vivenda dun home desaparecido en 2022 no Concello de Carballedo

Un grupo de traballadores forestais localizou o xoves restos humanos nunha zona de monte...

Prisión para un home acusado de roubar whisky nun supermercado de Lugo e morder un vixiante de seguridade

A Policía Nacional de Lugo detivo un home de 27 anos acusado de roubar...

A Deputación dá luz verde para a reconstrución da ponte de Navia de Suarna

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

O PPdeG apoia a candidatura de Elena Candia para a alcaldía de Lugo en 2027

O PPdeG subliñou este xoves o apoio á candidatura de Elena Candia para a...