InicioSucesosConduce cara o centro de Lugo superando 7 veces a taxa de...

Conduce cara o centro de Lugo superando 7 veces a taxa de alcol, co permiso sen vixencia e facendo eses

Chamou a atención da Policía Local de Lugo porque circulaba a unha velocidade "anormalmente reducida" e pisando a liña descontinua que separa os carrís.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local de Lugo interveu a pasada madrugada a un condutor que superaba sete veces a taxa de alcol permitida e co permiso de condución sen vixencia. O vehículo dirixíase ao centro da cidade a unha velocidade “anormalmente reducida” realizando eses sobre a liña descontinua que separa os carrís. Os axentes someteron ao condutor a unha proba de alcoholemia cando o turismo se detivo nun dos semáforos. Este deu positivo en primeiro lugar de 0,80 miligramos por litro de aire expirado e despois de 0,68 mg/l.

Esta intervención únese a outra decena de irregularidades en materia de tráfico detectadas nos últimos días pola Policía Local de Lugo tras intensificar os controis en diversos puntos da cidade, co obxectivo de detectar condutas de risco e garantir unha circulación segura para vehículos e peóns. Como resultado deste dispositivo realizáronse oito denuncias administrativas por alcoholemia con taxas inferiores a 0,50 mg/l, ademais de dúas denuncias por taxa superior a 0,50 mg/l e un positivo en drogas por consumo de cocaína. A maiores, o corpo policial detectou outros dous condutores que circulaban con perda de vixencia do carné por carecer da totalidade dos puntos.

ACTUACIÓNS DE ASISTENCIA SOCIAL

Por outra banda, a Policía local participou como apoio humanitario en catro situacións de asistencia social, incluíndo primeiros auxilios e o traslado dunha persoa con mobilidade reducida. Segundo informaron nun comunicado de prensa, os axentes auxiliaron a unha muller que sufriu unha caída na rúa Quiroga Ballesteros, fronte ao Mercado de Abastos. Nesta liña, facilitaron o traslado en ambulancia do 061 dun paciente que presentaba un cadro médico complexo, e o dunha persoa con mobilidade reducida desde o salón ata a súa cama no seu propio domicilio.

Tamén, accederon á vivenda dunha señora de 84 anos que non respondía tras activar a alarma de emerxencia. Grazas á colaboración de veciños, bombeiros e servizos médicos comprobouse o seu estado de saúde. Noutros asuntos, no marco deste dispositivo de control detectáronse ata sete infraccións por ocupación de vía pública, dúas delas localizadas nas inmediacións da praza de Abastos e cinco nos arredores do mercado de Frigsa.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Besteiro acusa ao PP de bloquear os grandes proxectos de Lugo durante 27 anos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este mércores en Lugo...