InicioSucesosTres feridos, entre eles unha muller atrapada, nun accidente con outros tantos...

Tres feridos, entre eles unha muller atrapada, nun accidente con outros tantos vehículos implicados en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un accidente de circulación con tres vehículos implicados en Lugo deixou outros tantos feridos, entre eles, unha muller que resultou atrapada no coche no que viaxaba e que tivo que ser liberada polos bombeiros con material de excarceración.

O sinistro produciuse ás 16,10 horas deste venres no quilómetro 83 da estrada N-640, á altura da parroquia de Teixeiro, segundo informou o CIAE 112 Galicia. A central de emerxencia recibiu o aviso a través do sistema ‘e-call’ dun dos coches implicados e activou un dispostivo no que participaron bombeiros, Urxencias Sanitarias e as forzas da orde.

Alí, os bombeiros excarceraron á muller atrapada no coche, posteriormente atendida polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061, que tamén evacuaron a un hospital ás outras dúas persoas feridas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...