InicioSucesosO monumento do Miliario foi derrubado por un coche que chocou contra...

O monumento do Miliario foi derrubado por un coche que chocou contra el “por un descoido”

Identificado outro condutor que fuxiu dun accidente e negouse a dar os seus datos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O coñecido monumento de ‘O Miliario’, situado na rúa Armanyá da cidade Lugo, foi derrubado este sábado por un coche nun accidente fortuíto. O monólito caeu despois de que o vehículo chocase contra el pasadas as 14.00 horas do sábado. O condutor foi sometido pola Policía Local a unha proba de alcoholemia que deu un resultado negativo. O condutor explicou aos axentes que o accidente foi debido a un descoido que lle fixo golpear o monumento, que foi arrincado da súa base. Posteriormente, foi retirado polos axentes para que ser reposto e evitar outros danos.

OUTROS INCIDENTES DE TRÁFICO

Na cidade de Lugo rexistráronse outros incidentes relacionados co tráfico. Así, foi localizado un vehículo que se deu á fuga por varias rúas da cidade despois de causar danos noutro coche que estaba estacionado. Este foi atopado estacionado na rúa próxima e localizouse ao seu condutor, que foi denunciado por conducir de forma temeraria e por desobedecer aos axentes ao negarse a dar os seus datos despois do accidente. O coche foi retirado polo guindastre, xa que carecía de seguro.

Tamén foi sorprendido un condutor que carecía de permiso por non sacalo nunca, e presentáronse sete denuncias por resultados positivos de alcoholemia, un deles penal, en controis nas rúas Sabugo, Manuel María, Fontiñas, Rolda da Muralla, Monte Faro e na avenida da Coruña. A Policía Nacional tamén detectou un condutor circulando pola rúa Aller Ulloa a unha velocidade de 94 quilómetros por hora cando o límite está en 50.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...