InicioSucesosDetida unha parella na Ronda das Fontiñas por agredir aos policías que...

Detida unha parella na Ronda das Fontiñas por agredir aos policías que os identificaron tras un accidente

O home mantivo a súa actitude violenta durante o seu traslado a dependencias policiais, propinando patadas e cabezados contra o biomio de protección do coche do 092.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home e unha muller como presuntos autores dun delito de atentado contra axentes da autoridade, por abalanzarse sobre os funcionarios que interviñeron despois de que sufrisen un accidente leve. A intervención ocorreu na madrugada do pasado venres, cando unha dotación (que logo recibiu apoio doutros indicativos) trasladouse á Ronda das Fontiñas tras ser alertada de que un coche chocara contra unha liña de conos e que o condutor se apeou do vehículo e estaba a gritar na vía pública.

Cando a Policía chegou, tanto o condutor como a muller que o acompañaba mostraron unha actitude agresiva, proferindo insultos e ameazas. O home negouse en todo momento a someterse ás probas de alcol e drogas, polo que se tramitou unha denuncia por un suposto delito contra a seguridade viaria. Mentres os axentes realizaban as dilixencias, o condutor mantivo o seu comportamento hostil e, cando os policías lle entregaron a documentación correspondente pola denuncia, o home rompeu os papeis e comezou a tirar obxectos de dentro do furgón policial.

Como o home se negaba a saír do vehículo, varios axentes tiveron que sacalo ao exterior, momento en que o condutor aproveitou para abalanzarse sobre os funcionarios, do mesmo xeito que a súa acompañante, que tamén atacou aos axentes. Finalmente, ambos foron reducidos e detidos por atentado e desobediencia. O home mantivo a súa actitude violenta durante o seu traslado a dependencias policiais, propinando patadas e cabezados contra o biomio de protección do coche do 092. Durante esta intervención resultaron feridos leves dous axentes.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...