InicioSucesosDous homes circulaban pola A-6, ao seu paso por Becerreá, nun coche...

Dous homes circulaban pola A-6, ao seu paso por Becerreá, nun coche con matrículas pintadas a man

Os axentes da Garda Civil procederon a identificar aos ocupantes do turismo. A continuación, solicitáronlles a documentación do vehículo e achegaron un permiso de circulación expedido no ano 2023 e un boletín de circulación no que se consignaba que estaba a realizar unha proba do turismo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigados a un veciño do Carballiño de 58 anos de idade e a un veciño de Silleda de 32 anos de idade como supostos autores dun delito de falsidade documental tras ser detectados circulando pola autovía A-6, ao seu paso por Becerreá, nun vehículo con matrículas pintadas a man. Segundo informou o Instituto Armado, os axentes observaron, á altura do punto quilométrico 458 da A-6, a un vehículo de alta gama cunhas placas supostamente pintadas a man. Ante isto, procederon a identificar aos ocupantes do turismo. A continuación, solicitáronlles a documentación do vehículo e achegaron un permiso de circulación expedido no ano 2023 e un boletín de circulación no que se consignaba que estaba a realizar unha proba do turismo.

Neste sentido, a Garda Civil comprobou que a empresa que figuraba no boletín de circulación para realizar a proba do turismo e expedir a placa de matrícula provisional atopábase extinguida, “presupondo a actuación dunha persoa xurídica nun documento público, cando realmente a mesma carece de personalidade xurídica para poder emitir unha declaración de vontade válida, simulando, por tanto, a participación neste tipo de acto, cando o mesmo legalmente non pode ter lugar”. Así mesmo, no marco da investigación localizáronse no interior do vehículo outras dúas placas de cartón pintadas a man cunha numeración diferente á autorizada polo permiso de circulación do turismo. As persoas investigadas e as dilixencias policiais foron postas a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...