InicioSucesosDetido por ameazar con voar as obras da Intermodal

Detido por ameazar con voar as obras da Intermodal

Alegaba que o ruído das obras impedíalle durmir, pero foi posto en liberdade ás poucas horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un lucense foi detido na xornada de onte pola Policía Nacional por ameazar con facer voar as obras de construción da estación intermodal de Lugo. O home, de mediana idade, alegou que as obras lle impedían durmir. A detención levouse a cabo despois dunha investigación levada a cabo pola Policía Nacional para atopar a orixe das ameazas, realizadas anonimamente a través da caixa de correos dixital do Concello.

As obras que se realizan en Lugo para a construción da Intermodal teñen quendas de traballo durante as 24 horas, para poder acelerar a marcha das mesmas, o que xerou protestas veciñais en varias ocasións. Despois de ser interrogado, o detido foi posto en liberdade ás poucas horas sen pasar a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

A defensa do asasino de Cristina Cabo solicita ao TSXG rebaixar a condena a homicidio e furto

A defensa do home de orixe colombiana condenado por matar á lucense Cristina Cabo...

Morren dúas persoas nun accidente de tráfico entre un camión e un turismo en Lugo

Dúas persoas faleceron este luns nun accidente de tráfico entre un camión e un...

O TSXG revisa este luns o recurso do condenado polo asasinato de Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acollerá este luns a vista de...

Restablecida a circulación ferroviaria entre Monforte e Lugo tras unha rotura “intencionada” da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no Corgo...