InicioSucesosDetidos en Madrid catro acusados de roubar cobre nunha empresa de Guitiriz

Detidos en Madrid catro acusados de roubar cobre nunha empresa de Guitiriz

Os detidos vendían o subtraído en chatarrerías, "o que dificultaba a identificación dos autores, do material e dos lugares de venda".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo en Madrid a catro presuntos autores de roubar cobre dos serradoiros dunha empresa de transformación de madeira situada no municipio lucense de Guitiriz.

Segundo informou o Instituto Armado nunha nota de prensa, os feitos ocorreron o pasado mes de setembro, cando os agora detidos accederon de madrugada ao interior das instalacións desta empresa e, supostamente, subtraeron o cableado de cobre dos serradoiros, ademais de ocasionar danos na infraestrutura e varios vehículos por un valor en total de 100.000 euros.

Así mesmo, a Garda Civil explicou que os acusados cargaron o vehículo co material e despois dirixíronse a unha zona apartada para proceder ao seu pelado. Unha vez finalizaron, desprazáronse esa mesma madrugada ata o seu domicilio en Madrid. Alí, posteriormente, vendían o subtraído en chatarrerías, “o que dificultaba a identificación dos autores, do material e dos lugares de venda”.

Ao ter constancia destes feitos, iniciouse unha investigación para determinar a identidade dos autores e, deste xeito, púidose identificar a catro integrantes dunha banda, residentes en Madrid, como os supostos autores, así como o vehículo utilizado. Os detidos pasaron a disposición do xulgado de Instrución nº 2 de Vilalba.

ÚLTIMAS

Lugo recoñece a traxectoria de Xesús Alonso Montero e Rafael de Vega Barrera, fillos adoptivos da cidade

O Concello de Lugo recoñeceu este sábado a traxectoria de dous "lucenses de corazón",...

Controlado un incendio nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei

Un incendio orixinado esta tarde nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei...

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...