InicioSucesosDetidos en Lugo dous homes que puxeron cinco vehículos a nome doutra...

Detidos en Lugo dous homes que puxeron cinco vehículos a nome doutra persoa, que recibía recibos e multas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron en Lugo a dúas persoas como autores dun delito de falsificación e estafa, por pór a nome dun terceiro ata cinco vehículos e cargarlle as facturas, recibos e multas.

Os feitos foron denunciados nas dependencias da Policía Nacional da rúa Chantada pola vítima, que fora estafada por unha cantidade importante de diñeiro. Os detidos puxeran ao seu nome ata a cinco vehículos e cargáronlle os impostos e recibos, así como as posteriores denuncias que se xeraron pola circulación dos mesmos.

A cantidade debida era tan elevada que chegou a procederse ao embargo dos ingresos da denunciante, ao estar ao seu nome os vehículos e facturas. Unha vez analizada a documentación e realizadas as dilixencias necesarias, púidose determinar que os dous detidos incorrerían en senllos delitos de suplantación de identidade e estafa, polo que se procedeu á súa detención e posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Deputados provinciais do PP lugués visitan Altri e tildan de “irresponsabilidade” a ausencia de BNG e PSdeG

Deputados provinciais do PP de Lugo visitaron a sede de Altri en Portugal para...

Detido o acusado de 10 roubos en establecementos comerciais de Vilalba

A Garda Civil, no marco da Operación probuje, detivo a un home de 39 anos...

Falece unha muller atropelada nun paso de peóns en Lugo

Unha muller de 65 anos de idade, M.F.V.P., faleceu nas últimas horas tras ser...

Confirman a condena a ano e medio de prisión para un home roubou 2.000 euros dunha anciá con demencia

A Sala do Civil e o Penal do TSXG confirmou a condena a un...